venres, 11 de outubro de 2019

DESCONTOS PARA SOCI@S

Presentando o carnet de soci@ da ANPA BEIRAMAR nos seguintes negocios:









*IREMOS AUMENTANDO NEGOCIOS CANDO NOS CONFIRMEN A SÚA PARTICIPACIÓN

xoves, 3 de outubro de 2019

A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria

Estimadas familias:
A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o xoves 10 de
outubro de 2019 na Casa de Cultura ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en
segunda convocatoria. A orde do día será:
1. Renovación da Xunta directiva. Presentación de candidatos e constitución da nova Xunta directiva.
2. Memoria de actividades do curso 2018-2019 e previstas para o curso 2019-2020.
3. Estado de contas.
4. Aportacións e consultas.
A ANPA precisa da axuda de persoas implicadas e dispostas a traballar polo ben dos nosos fillos e fillas.
Toda colaboración é necesaria e benvida sempre, pero ademáis nesta ocasión precisamos renovar os cargos
da Xunta Directiva. Se estades dispostas e dispostos a formar parte dela, por favor, acudide á Asamblea.
Se non vos fora posible asistir pero queredes colaborar, poñédevos en contacto coa ANPA por teléfono,
whatsapp, correo electrónico ou deixando os vosos datos no buzón da ANPA.
Por outra banda, estamos traballando en colaboracións con algunhas empresas que ofrecerán descontos ou
outras vantaxes para os socios da ANPA. Por iso, ao finalizar a asamblea farase entrega de CARNÉS DE
SOCIO xa que serán necesarios para identificarse como tal.
Correo: anpabeiramar.atios@gmail.com Tlf: 649 703 348

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019_2020

 Este curso será outra vez o Concello o encargado de ofertar as actividades extraescolares.











LUGAR DE INSCRICIÓN:
Rexistro do concello: de 9:00 a 14:00h.
Último día de inscricións: 25 de setembro.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Ficha de inscrición cuberta.
• Fotocopia do dni do alumno/a (ou libro de familia).
• Volante de empadronamento (soamente no caso de que no dni non poña a dirección de
Valdoviño e para confirmar a residencia no concello).
PRAZAS:
Adxudicaranse por orde de inscrición.
SOLO SE INFORMARÁ AOS ALUMNOS/AS QUE NON OBTIVERAN PRAZA.
En caso de que a demanda supere o número de prazas ofertadas, as prazas asignaranse por orde
segundo a data de inscrición e coa seguinte prioridade:
• 1º Alumnos/as dos centros educativos de Valdoviño e residentes en Valdoviño.
• 2º Nenos/as residentes en Valdoviño.
• 3º Alumnos/as dos centros educativos de Valdoviño e residentes fóra de Valdoviño.
• 4º Nenos/as residentes fóra de Valdoviño.
En caso de prazas libres ou baixas na actividade solicitada, poderán realizarse inscripcións durante
o curso.
As actividades que non teñan un número mínimo de prazas cubertas se anularán.
DURACIÓN DO CURSO: de outubro a maio.
Non haberá actividades os días festivos e nos periodos de vacacións do calendario escolar.
BAIXAS:
Coa firma da ficha de inscrición o alumno/a inscríbese para todo o curso, de outubro a maio.
En caso de querer darse de baixa na actividade deben informar ó concello, por correo
electrónico(deportes@concellodevaldovino.com) ou cun escrito presentado no rexistro municipal.
CUOTA MENSUAL : 10€/mes por cada actividade.
Excepto a actividade de PISCINA que será de 27€ (inclúe o desprazamento).
FORMAS DE PAGO:
Coa inscrición entregarase unha folla informativa sobre as formas de pago.
Coa firma da ficha de inscrición os pais/nais dos alumnos/as comprométense a realizar o pago da
actividade nos 7 primeiros días do mes; e a entregar (ou enviar por correo) o xustificante de pago.
En caso de que non se realice o pago procederase á baixa do alumno/a e entrará outro no seu
lugar.

luns, 25 de marzo de 2019

ANPA BEIRAMAR ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE AS ALERXIAS XERÁIS E ALIMENTARIAS ADEMÁIS DA ASMA INFANTIL

IMPARTIDA POLOS DOUTORES
Emilio García
Iria Carballeira
Médicos pediatras expertos en alergoloxía infantil na área sanitaria de Ferrolterra
DÍA 2 DE ABRIL
ÁS 5 DA TARDE
NO CPI ATIOS

A ANPA BEIRAMAR FAI ENTREGA DO MATERIAL ACADADO CO PROXECTO SALVAVIDAS

A ANPA Beiramar entrega ao CPI Atios o desfibrilador e equipamento acadado coa campaña Proyecto Salvavidas Desfibriladores y Cardioprotección .
Esta mañá, integrantes da ANPA Beiramar facían entrega á dirección do CPI Atios do desfibrilador, 2 maniquíes de resucitación cardiopulmonar básica, desfibrilador de adestramento, 2 mochilas de emerxencias, 1 botiquín,  1 libro do abc do médico e outro de alimentación sana para o deportista, vitrina e sinaléctica para o DEA. No acto, o alcalde, Alberto González, asumía o compromiso de que o Concello asinará a curto prazo un acordo para facerse cargo do mantemento do equipamento.


COMPARSA DE NAIS E PAIS NO ENTROIDO CPI ATIOS

Graciñas a tod@s os pais, nais e irmáns que acompañaron ós membros da ANPA nesta comparsa adicada ó cómic coa que participamos xunto ós nen@s do CPI ATIOS ... pasámolo xenial.

sábado, 24 de novembro de 2018

OBXETIVO ACADADO
Graciñas a tod@s os participantes no Proyecto Salvavidas Desfibriladores y Cardioprotección
Coas pulseiras que tivemos que pedir a maiores para atender a alta participación da nosa comunidade nesta campaña solidaria o CPI ATIOS ademáis de ser un espazo cardioprotexido contará con material de formación en primeiros auxilios propio (Dous  Maniquíes de formación rcp-aed con monitor de frecuencia e un defribilador de entrenamiento) e unha mochila de emerxencia para o cole a cal poderá ser usada nas excursións ou saídas do colexio.
NOS PRÓXIMOS DÍAS COLOCARASE NO COLEXIO O DESA.
GRACIÑAS A TOD@S